Departamentos
Enlaces ás páxinas dos departamentos da facultade
- Departamento de Computación
Este departamento adícase a diversas ramas de investigación relacionadas principalmente coa intelixencia artificial, bases de datos e compiladores. Os siguientes laboratorios pertencen a este departamento: AILAB (Laboratorio de Intelixencia Artificial), IRLAB (Information Retrieval Lab), LBD (Laboratorio de bases de datos), LIDIA (Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Inteligencia Artificial), MADS (Grupo de Modelos e Aplicacións de Sistemas Distribuidos - Models and Applications of Distributed Systems), VERSO (Laboratorio de Verificación de Software) y VARPA (Grupo de Visión Artificial e Recoñecemento de Patróns). Membros deste departamento tamén colaboran cos grupos: GII (Grupo Integrado de Enxeñaría) e LYS (Lingua e Sociedade da Información - Language in the Information Society),
- Departamento de Electrónica e Sistemas
Este departamento ten os seguintes grupos de investigación: GAC (Grupo de Arquitectura de Computadores) e GTEC (Grupo de Tecnoloxía Electrónica e Comunicacións).
- Departamento de Matemáticas
Departamento adicado ás áreas de Estatística, Investigación Operativa e Matemática aplicada. Ten os seguintes grupos de investigación: M2NICA (Modelos e Métodos Numéricos en Enxeñería e Ciencias Aplicadas) e MODES (Modelización e Inferencia Estatística).
- Departamento das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións
Este departamento adícase a diversas ramas de investigación relacionadas principalmente coa enxeñería telemática, intelixencia artificial e enxeñería do software. Ó TIC pertencen os laboratorios: ISLA (Laboratorio de Enxeñería do Software), L(IA)2 (Laboratorio Interdisciplinar de Aplicacións da Intelixencia Artificial), RNASA-IMEDIR (Laboratorio de Redes de Neuronas Artificiais e Sistemas Adaptativos - Imaxe Médica e Diagnóstico Radiolóxico) e Telemática (Laboratorio de Telemática).
- Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
Este departamento traballa nos campos: contabilidade financeira, contabilidade pública, contabilidade de xestión, auditoría e consolidación de estados financeiros. Ten a súa dirección na facultade de ciencias empresariais.
- Departamento de Filoloxía Inglesa
Este departamento ten a súa sede na facultade de Filoloxía, pero ten docencia en diversos centros da universidade da Coruña. Na facultade de Informática imparte a asignatura de Inglés Técnico.
- Departamento de Dereito Público Especial
Departamento adscrito á facultade de Dereito. Na facultade de Informática imparte a asignatura Aspectos Xurídicos e Deontolóxicos da Informática.