Novas
IDEFIC sobreponse ás adversidades para acadar a súa 3ª vitoria
Nun apaixonante partido, o equipo de baloncesto da Facultade conseguiu vencer ó duro equipo de Maristas Coruña por 77-79. Tras unha primeira parte igualada, a segunda parte comezaba mal para os intereses de IDEFIC, que encaixaba un parcial que o poñía contra as cordas. Sen embargo, o 4º cuarto supuxo un cambio radical no decorado do partido debido ó gran esforzo dos xogadores visitantes. Deste xeito, chegouse á prórroga que con moita emoción se decidiu por tan só 2 puntos. Así o equipo logra o balance de 3 vitorias e 3 derrotas e comeza unha dura semana da mellor maneira posible. O próximo encontro disputarase o vindeiro mércores 14 de decembro ás 20:45 h. no Polideportivo Universitario de Riazor fronte a Santa Cristina CBA.