Novas
IDEFIC non puido derrotar ó equipo de Maristas caendo co axustado marcador de 41-46
O equipo da Facultade xogou un intenso partido, no cal se impuxo o equipo visitante por detalles coma o acerto dende a liña de triple.
A igualdade foi a nota dominante durante todo o encontro, decantándose nos minutos finais por parte do equipo de Maristas. Sen embargo o equipo local parece que comeza a recuperar o tono físico despois das numerosas lesións producidas na segunda metade de tempada. Así o balance queda en 4 vitorias e 12 derrotas a falta de 2 partidos para rematar a liga.
O vindeiro encontro disputarase o domingo 18 de marzo ás 19:00 h. no Pazo Municipal de Arteixo fronte ó equipo de C.B. Arteixo.