Facultade de Informática de A Coruña

Saltar seleccción de idioma
Idioma actual:
Saltar o menú
Menú:

Novas

Semana das Letras 2012

7/05/12

O Servizo de Normalización Lingüística comunica que do 14 ao 16 de maio celebraremos a Semana das Letras 2012, que este ano terá lugar na Facultade de Economía e Empresa, pola relación que a persoa homenaxeada, Valentín Paz Andrade ten con este ámbito científico.

Na ligazón seguinte dispoñedes de información precisa (http://www.udc.es/snl/letrasgalegas_2012.html).

As persoas que asistan recibirán como agasallo o texto do discurso que Francisco Fernández Rei impartirá sobre o tema: "Por unha hora en popa, un ano en bolina. Notas sobre a cultura e patrimonio léxico da beiramar galega".