Novas
IDEFIC remata a tempada cunha vitoria avultada fronte a Dietéticos Lar (61-43)
O equipo da Facultade disputou un encontro moi completo e soubo impoñerse ó equipo santiagués dende os primeiros minutos. Cun parcial de 7-0 nos últimos intres antes do descanso, o equipo local deixaba o marcador cunha diferenza de 16 puntos que sentenciaba o partido, grazas á intensidade defensiva e a varios contraataques. A segunda parte, o equipo visitante tentou plantar cara, pero IDEFIC non se confiou e finalizou o encontro coa devandita renda de 18 puntos a favor. Cabe salientar o acerto no tiro exterior, con 10 triples.
Deste xeito IDEFIC acaba o grupo como primeiro cun balance de 3 vitorias, tan só 1 derrota e unha boa xeira de 3 partidos consecutivos gañados.