Novas
IDEFIC faise co título de campión do 1º Torneo Finde-Basket de Laracha
O equipo da Facultade conseguiu o seu primeiro título da súa curta historia tras vencer ós seus dous rivais no torneo amigable disputado o pasado domingo. O campionato comezou cun partido fronte ó C.B. Arteixo que se resolveu de xeito favorable ós intereses de IDEFIC gracias ó acerto dende a liña de tres puntos cunha renda de 12 puntos (53-65). Tras un receso para xantar, cuns aperitivos cortesía do equipo anfitrión, comezaba a xornada de tarde co encontro fronte a Laracha. O partido foi máis disputado que o primeiro, pero tamén caeu do mesmo lado, esta vez por tan só 6 puntos de diferenza.
Desta maneira o equipo da Facultade remata a tempada de xeito inmellorable, encadeando 5 vitorias consecutivas.