2006
Aplicación de administración e xestión dun establecemento hoteleiro
Defensa do proxecto fin de carreira:
-
Titulo:
Aplicación de administración e xestión dun establecemento hoteleiro
-
Alumno(a):
Moisés Lorenzo Barreiro
-
Titulación:
Enxeñería Técnica en Informática de Xestión
-
Titor(a):
Bertha Guijarro Berdiñas
-
Director:
Mariano Javier Cabrero Canosa
-
Tribunal:
Mariano Javier Cabrero Canosa
-
Lugar de defensa:
Seminario 3.1
-
Data:
11/07/2006
-
Hora:
09:30
-
Resumo:
Este proxecto consiste na implementación dun programa de xestión para un hotel. Trátase
dun hotel de tamaño medio que ofrece os tres tipos de réximes de aluger
típicos, así como servizos de restaurante e cafetería.
O programa a desenvolver neste proxecto encargarase de realizar as funcións
relacionadas con:
1- A xestión do aluger: reserva, facturación, peche do día, históricos,
réximes de aluger, tipos e características das habitacións e axencias, como
funcións fundamentais.
2- A xestión do servizo de facturación do restaurante e das habitacións.
3- A xestión de certas operacións relacionadas cos empregados do hotel,
ofrecendo información sobre o seu posto, horario de traballo, soldo, etc.
O plantexamento do proxecto farase seguindo as fases típicas de análise,
deseño e implementación, utilizando linguaxes de modelado para a
especificación e unha linguaxe visual para o desenvolvemento.