Premios
1 Enlace
III Convocatoria de axudas da Universidade da Coruña para estudantes gañadores das Olimpíadas Científicas
A Universidade da Coruña, sendo consciente da importancia que teñen na nosa sociedade
as ensinanzas científico-técnicas, para incentivar a mellora da calidade na formación dos
estudantes que van a acceder por primeira vez a estudos universitarios, e en cumprimento do
mandato estatutario de fomentar as actividades de extensión universitaria como medio de
promoción do coñecemento, a ciencia, a técnica e a cultura, realiza unha convocatoria de
axudas para os estudantes clasificados no 1º, 2º ou 3º posto das Olimpíadas de Bioloxía,
Física, Matemáticas e Química na súas fases local, autonómica ou nacional.
Información no enlace adxunto