Facultade de Informática de A Coruña

Saltar seleccción de idioma
Idioma actual:
Saltar o menú
Menú:

Xornadas e Talleres

1 Ficheiro

I XORNADAS DE EDUCACION PARA A IGUALDADE.

do 4/11/08 ó 4/11/08

I XORNADAS DE EDUCACION PARA A IGUALDADE.Escola, Universidade e Empresa como espazos de construción da igualdade e deconstrución dos teitos de cristal.

A Secretaría de Xuventude de UGT-Coruña e a Asociación de estudantes IESGA, coa colaboración de FETE-UGT, veñen de presentar as I Xornadas de Educación para a Igualdade, que se celebrarán no campus de Elviña da UDC. O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 24 de outubro.

As I Xornadas de Educación para a Igualdade están dirixidas a estudantes da UDC, mestres e mestras, persoal investigador e traballadores/as en xeral, interesados en formarse e compartir

experiencias en temas de igualdade, coeducación e corresponsabilidade.

Durante as sesións presentaranse, así mesmo, os resultados dun estudo elaborado por UGT-Coruña, sobre a participación sociolaboral da muller na comarca da Coruña.

Ao longo das xornadas -que se celebrarán as tardes dos días 29 e 30 de outubro, e 4 e 5 de novembro, en distintas facultades do Campus de Elviña- abordarase a educación para igualdade como temática transversal nos centros educativos; a igualdade de oportunidades no ámbito laboral e profesional (na empresa privada e na universidade pública) a problemática dos teitos de Cristal e, finalmente, a participación das mulleres no espazo político.

Nestas Xornadas tratamos de combinar o formato de conferencia co de mesa redonda, co fin de que exista un intercambio de experiencias, entre as/os propios ponentes e, especialmente, abrindo canles de diálogo co público asistente (ao que tamén considerarmos "experto" na materia) para, finalmente, extraer unhas conclusións sobre o estado da situación e as propostas de actuación que, no futuro, debemos poñer en práctica.

A Asistencia ás I Xornadas de Educación Para a Igualdade é gratuita, previa solicitude de inscrición (as prazas son limitadas). Solicitouse á UDC a concesión de 1 Crédito de Libre Configuración.

Para a formulación da inscrición e acadar máis información podedes enviar un correo electrónico a xuventude@ugtcoruna.es ou a iesga@iesga.es