Bolsas
BOLSAS DE ESPECIALIZACIÓN EN ORGANISMOS INTERNACIONAIS
Con data do 18 de outubro de 2008 publicouse no BOE a convocatoria do Ministerio de Ciencia e Innovación de bolsas de Especialización en organismos Internacionais.
Mediante esta convocatoria preténdese dar resposta á crecente demanda de formación especializada de tecnólogos e xestores da ciencia e a tecnoloxía en organizacións internacionais de excelencia e grandes instalacións para as investigacións das que España é membro.
Estas bolsas constitúen unha boa oportunidade profesional para os recentemente titulados, especialmente en áreas científicas-técnicas.
Adxúntase un tríptico informativo e a convocatoria publicada no BOE.
Máis información na web do Ministerio de Ciencia e Innovación.