Xornadas e Talleres
1 Ficheiro
- Foto visita CESGA 713 Kb
Expedición de alumnos do Mestrado en Enxeñería de Sistemas Informáticos da FIC ao Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)
O pasado 7 de Maio unha expedición de alumnos da FIC visitaron o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), en Santiago de Compostela. A xornada escomezou cunha presentación do centro, dos seus recursos e actividades para seguir cunha visita guiada ao Finis Terrae, un dos supercomputadores con maior memoria compartida de Europa, que chegou a estar no número 100 mundial europeo (en lista TOP 5000).
A visita foi conducida por un egresado do máster en Informática que está traballando no CESGA, Damián Álvarez Mallón, 1º premio á excelencia
académica do Mestrado, que presentou os aspectos de máis interese aos alumnos da materia de Arquitectura e Enxeñería de Computadores.