Facultade de Informática de A Coruña

Saltar seleccción de idioma
Idioma actual:
Saltar o menú
Menú:

Premios

Roberto Rey Expósito gaña o primeiro premio proxecto fin de carreira convocado polo CPEIG

13/10/10

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) concedeu o seu primeiro Premio Proxecto Fin de Carreira, dirixido a estudantes de Enxeñaría en Informática que finalizaran os seus estudos en Galicia nos últimos dous anos (2009 ou 2010) a Roberto Rey Expósito, egresado da FIC, co proxecto Deseño e Implementación dunha Biblioteca de Comunicacións en Java para Paso de Mensaxes sobre a Rede Infiniband. O gañador recibirá o premio no decurso da Segunda Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, que se celebrará o vindeiro venres día 15 de outubro de 2010 no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela.