Facultade de Informática de A Coruña

Saltar seleccción de idioma
Idioma actual:
Saltar o menú
Menú:

Eventos externos

1 Ficheiro

Xornadas "Pasión por emprender: como facer realidade as túas ideas"

do 4/05/11 ó 4/04/11

Anúnciase a próxima celebración das xornadas "Pasión por emprender:

como facer realidade as túas ideas", unha iniciativa que nace co obxectivo de fomentar o emprendedurismo entre a comunidade universitaria.

O evento terá lugar o vindeiro 4 de maio de 2011, no Salón de Actos da Facultade de Dereito e dará comezo ás 12:00 h. Para a ocasión contaremos coa participación de D. Juan José Jaén Rodríguez, Conselleiro Delegado do Grupo Jaerod (Bricoking) e D. Antonio García Allut, Presidente da Fundación Lonxanet e profesor da UDC, emprendedores galegos que compartirán con todos os asistentes a súa visión sobre o emprendedurismo e as particularidades da súa traxectoria profesional.

A organización contará ademais coa colaboración da Asociación de Jóvenes Empresarios da Coruña, que proporcionará información e orientación sobre temas relacionados co emprendedurismo a todos os interesados que acudan ás xornadas.