Actos Académicos
Homenaxe a Víctor Gulías
A Facultade de Informática da Coruña anuncia a celebración dun acto de homenaxe ao profesor e investigador Víctor M. Gulías Fernández que terá lugar o próximo venres 27 de abril de 2012 ás 19.00 h no salón de actos deste centro.
A homenaxe, que será presidida polo Reitor Mgfco. da UDC, D. Xosé Luís Armesto Barbeito, contará tamén coa presenza de membros das distintas universidades, centros de investigación e empresas do sector das TIC coas que Víctor Gulías mantiña relación.
A Facultade fai estensiva a invitación a calquera persoa que desexe asistir a este acto.