Eventos externos
XVII Día da Ciencia na Rúa, o 5 de maio
Os alumnos da Facultade de Informática participarán un ano máis na XVII edición do Día da Ciencia na Rúa, un evento que ten por obxectivo principal divulgar a ciencia e a tecnoloxía dun xeito sinxelo e ameno a través de explicacións e proxectos, presentados principalmente por alumnos de colexios, institutos e facultades. Este ano a data escollida será o sábado 5 de maio, e terá lugar no parque de Santa Margarita en A Coruña, de 11 da mañá a 7 da tarde.
A maioría dos proxectos presentados nesta edición son novidosos con respecto ás anteriores; aínda que se segue a manter a promoción do software e o hardware libre e a elaboración dun pequeno robot empregando o Lego MindStorms, inclúese entre outros un altofalante de plasma ou unha mesa multitáctil caseira. O Día da Ciencia na Rúa é un evento aberto a todo tipo de público, e ademáis da parte científica haberá moitas actividades lúdicas tanto para nenos como para maiores.
Para máis información, a dirección de contacto dos alumnos da facultade participantes é cienciaenlacalle@gmail.com