Premios
1 Enlace
Sabela Ramos Garea e Ana María Freire Veiga, galardoadas na Google Anita Borg Scholarship
Sabela Ramos Garea é adxudicataria dunha bolsa na convocatoria Anita Borg Scholarship de Google na sección de Europa, Medio Oriente e África; Ana María Freire Veiga foi destacada como finalista. As dous galardoadas estudan nesta Facultade de Informática, preparando o seu doutouramento.
A convocatoria de Google en memoria de Anita Borg pretende promocionar o papel das mulleres nas tecnoloxías da información e premia a estudantes polo seu currículum e polas súas capacidades de liderazgo. Neste ano dous das cinco estudantes españolas seleccionadas son estudantes da FIC.