Xornadas e Talleres
2 Enlaces
Erlang CAMP
A Erlang CAMP é un curso intensivo de dous días destinado a formar ás persoas asistentes na construción de aplicacións altamente concorrentes, distribuídas e tolerantes a fallos utilizando Erlang/OTP sen asumir coñecemento previo da tecnoloxía. A edición da Coruña será a primeira que se celebre en Europa. Unha oportunidade única para coñecer Erlang/OTP en profundidade de man de recoñecidos expertos na tecnoloxía.
Os estudantes da UDC que queiran asistir terán un desconto dun 15% no rexistro, dispoñible baixo solicitude (contactar coa organización local: profesora Laura Castro, lcastro@udc.es).