Prácticas en empresa
PRÁCTICAS DE VERÁN - PROGRAMA TEMPUS
A Fundación Universidade da Coruña (FUAC), é plenamente consciente de que as empresas desempeñan unha función importante na formación dos universitarios, é por iso que decidimos por en marcha a III edición do PROGRAMA DE PRÁCTICAS DE VERÁN TEMPUS como complemento da formación que adquiren na Universidade.
Os estudantes universitarios terán a oportunidade de adquirir a experiencia necesaria para mellorar a súa empregabilidade de cara a unha futura incorporación ao mundo laboral. Esta experiencia verase adicionalmente enriquecida co coñecemento das esixencias que establece o mercado: procesos de selección, esixencias do posto de traballo, coñecemento de responsabilidades, enfrentamento a problemas reais, etc.Máis Información:ENLACE TEMPUS
Responsable:
LAURA GARCÍA DEBER
Coordinadora Unidade de Emprego e Formación.
Fundación Universidade Da Coruña.
Logo_variante_02Paseo de Ronda, 47 - 2ª Andar
Campus de Riazor
15.011 - A Coruña
Tlf. 981.167000; Ext. 1078
Fax: 981.167040
Mail: lgarcia@udc.es
Web: www.fundacion.udc.es