Facultade de Informática de A Coruña

Saltar seleccción de idioma
Idioma actual:
Saltar o menú
Menú:

Ofertas de emprego

1 Ficheiro

Oferta de Emprego: JAVA ENTERPRISE ENGINEER & SUPPORT ACCOUNT SPECIALIST

9/09/10

Denodo Technologies, para as nosas oficias da Coruña necesitamos Enxeñeiros para traballo a quendas en 24x7 dentro dun equipo de Desenrolo Java Enterprise e Soporte para as implantacións dos nosos importantes clientes.

Se estiveses interesado, tamén dispoñemos de prazas nas nosas oficinas de Madrid.

Requisitos e habilidades:

- Titulación: Enxeñeiro en Informática ou Enxeñeiro de Telecomunicacións con carreira rematada ou pendente de facer o Proxecto Fin de Carreira.

- Requírese un bo nivel de inglés falado e escrito. Valorarase experiencia noutras linguas de fóra do Reino de España.

- Profundo coñecemento da API de Java Standard Edition.

Coñecementos de:

- Patróns e arquitectura de aplicacións web en Java

- API de servlets, JSP, JSTL, JDBC e Apache Struts Framework.

- Apache Tomcat.

- Control de versións mediante (CVS, Subversion, Mercurial ou similar).

Valoraranse coñecementos de:

- Hibernate, Spring Framework e Apache Wicket.

- Google Web Toolkit (GWT), SWT e Eclipse RCP.

- Apache Maven.

- Eclipse IDE.

- SXBD’s: Oracle, MySQL, SQL Server,...

- Sistemas de bases de datos NoSQL.

- Conceptos OLAP, Business Intelligence e Data Governance.

- Conceptos de Web 2.0 e tecnoloxías de uso en Internet e móbiles.

Ofrécese posibilidade de realizar Proxecto Fin de Carreira dentro da empresa.

As personas interesadas poden enviar CV con teléfono de contacto a traballos@denodo.com. Agradecerase o envío de expediente académico (non

necesariamente oficial).

*Referencia da oferta: ENG_SUP_1009

*Responsable da oferta: Eva Martínez, Dirección de Organización