Novas
-
Novas
- Novas destacadas
- Ofertas de Emprego
-
Eleccións de órganos unipersoais 2013
Publicada a proclamación definitiva de candidaturas electas. Os novos decanos e directores de centros, así como os directores de departamento que saíron elixidos nas votacións que se celebraron na Universidade da Coruña en días pasados, tomarán posesión dos seus cargos mañá, xoves, 11 de abril. ... Ler máis »
10/04/13 2 Enlaces -
2º convocatoria mobilidade internacional 2013/14
2º convocatoria mobilidade internacional 2013/2014. O prazo de solicitudes remata o 24 de abril de 2013. Ler máis »
9/04/13 1 Enlace -
Reunión informativa sobre o TFG para estudantes do CAIT
Os procedementos de solicitude e proposta de Traballos Fin de Grao do Curso de Adaptación para Enxeñeiros/as Técnicos/as serán obxecto dunha reunión informativa hoxe martes, día 9 de abril, ás 19:30 h. na aula habitual (LP 2.1w). Ler máis »
9/04/13 1 Enlace -
Tese de doutoramento: Técnicas eficientes para a recomendación de produtos baseadas en filtrado colaborativo
O luns día 22 de abril de 2013 ás 12:00 horas, D. Vreixo Formoso López defenderá a tese “Técnicas eficientes para a recomendación de produtos baseadas en filtrado colaborativo” na Aula de Graos Víctor Gulías da Facultade de Informática. Máis información no documento anexo. ... Ler máis »
9/04/13 1 Enlace -
Os novos decanos e directores de departamento tomarán posesión o xoves
Os novos decanos e directores de centros, así como os directores de departamento que saíron elixidos nas votacións que se celebraron na Universidade da Coruña en días pasados, tomarán posesión dos seus cargos o vindeiro xoves, 11 de abril. O acto terá lugar no Paraninfo da Universidade da Coruña, na Maestranza, ... Ler máis »
9/04/13 2 Enlaces -
XI Xornadas de Orientación Académica
A FIC participa nas XI Xornadas de Orientación Académica organizadas polo Exmo. Consello de Oleiros no Auditorio de A Fábrica, en Perillo. A mesa redonda sobre Enxeñería e Arquitectura ten lugar o día 10 de abril de 2013 de 12:00 a 13:30h. coa participación da profesora Laura M. Castro. ... Ler máis »
9/04/13 0 Enlaces -
20º FITEUC: "invasións de danza" e fragmentos teatrais o 9 de abril na FIC
Os vindeiros 8 e 9 de abril a Aula de Teatro (TeatroNORMAL) e a Aula de Danza (DanzaNORMAL), grupos institucionais da UDC, van levar a cabo en diferentes espazos do Campus intervencións escénicas para a difusión dos seus espectáculos e do 20º FITEUC, que está desenvolvéndose nestas datas. O día 8 de abril teñen ... Ler máis »
8/04/13 0 Enlaces -
Juniper, Google e Twitter son as empresas que mellor pagan aos seus enxeñeiros
As empresas Juniper (de sistemas de redes), Google e Twitter son as que mellor pagan aos seus informáticos, segundo un ránking elaborado por Business Insider e traducido por MuyComputerPro . Juniper é a empresa "gañadora", xa que os seus enxeñeiros cobran 128.378 dólares, seguida de Google, con 124.520 ... Ler máis »
8/04/13 0 Enlaces -
Campaña de doazón de sangue (2ª fase)
A unidade móbil de doazón de sangue do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) achegarase á Facultade de Informática os días 10 e 11 de abril (mércores e xoves), dentro da segunda fase da campaña que se desenvolve nas tres universidades galegas durante o presente curso académico. O autocar do CTG permanecerá ... Ler máis »
8/04/13 1 Enlace -
CONVOCATORIA DE PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE DOUTORAMENTO CURSO 2011/12
Prazo de solicitudes ata o 25 de abril Poderán optar á concesión da mención de Premio Extraordinario de Doutoramento da presente convocatoria os/as doutores/as que reúnan os seguintes requisitos: Ter defendida a súa tese na UDC no período entre o 1 de outubro de 2011 e o 31 de xullo de 2012 Que a tese alcanzase ... Ler máis »
8/04/13 0 Enlaces -
3ª edición das Xornadas FIC OnDev
Esta semana terá lugar na Facultade de Informática a 3ª edición das Xornadas FIC OnDev . Durante estes días impartiranse diferentes conferencias e talleres acerca do mundo da programación e o deseño. Os ponentes serán profesionais do seu ámbito e colaboran nelas entidades como Appeiros, Torus ou Zarpamos. ... Ler máis »
8/04/13 0 Enlaces -
Os informáticos son os que menos competencia teñen por un posto de traballo
Os informáticos están entre os profesionais con menos competencia por un posto de traballo, segundo o informe sobre mercado laboral de febreiro de InfoJobs, a bolsa de emprego ‘on line’, do que se fai eco El Periódico Mediterráneo . Durante este período, o coñecido portal rexistrou 58.195 vacantes de empregos. ... Ler máis »
5/04/13 0 Enlaces -
Tese de doutoramento: "Extended Collectives Library For Unified Parallel C"
O venres día 26 de abril de 2013 ás 11:00 horas, D. Carlos Teijeiro Barjas defenderá a tese "Extended Collectives Library For Unified Parallel C" na Aula de Graos Víctor Gulías da Facultade de Informática. Máis información no documento anexo. Ler máis »
4/04/13 1 Enlace -
Tese de doutoramento: "Nonparametric inference for neural synchrony under low firing activity "
O mércores día 24 de abril de 2013 ás 17:30 horas, Dna. Aldana María González Montoto defenderá a tese "Nonparametric inference for neural synchrony under low firing activity" na Aula de Graos Víctor Gulías da Facultade de Informática. Máis información no documento anexo. ... Ler máis »
3/04/13 1 Enlace -
Luis Hervella elixido decano da FIC
O profesor Luis Mª Hervella Nieto vén de ser elixido pola Xunta da Facultade de Informática como novo decano da Facultade. Máis información no arquivo adxunto. Ler máis »
3/04/13 2 Enlaces -
Carlos Escudero é elixido director do Departamento de Electrónica e Sistemas
O Departamento de Electrónica e Sistemas elixiu esta mañá o profesor Carlos Escudero Cascón como novo director do Departamento. A proclamación provisional como candidato electo pode consultarse no arquivo adxunto. Ler máis »
2/04/13 1 Enlace -
Bernardino Arcay é reelixido director do Departamento de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
O profesor Bernardino Arcay Varela vén de ser proclamado provisionalmente como candidato electo á dirección do Departamento de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións nas eleccións que se celebraron esta mañá. Máis información no documento adxunto. Ler máis »
2/04/13 1 Enlace -
Ampliación do prazo de depósito de anteproxectos fin de carreira de Enxeñaría Informática
Amplíase o prazo de depósito de anteproxectos fin de carreira de Enxeñaría Informática ata o venres 12 de abril. A nova ferramenta de xestión de proxectos fin de carreira onde deben rexistrase os anteproxectos estará dispoñible a partir do luns 8 de abril. ... Ler máis »
2/04/13 0 Enlaces -
O reitor asina un convenio para promover o "emprendemento" no sector TIC
Os alumnos da Facultade de Informática poderán facer realidade os seus proxectos de fin de carreira grazas ao acordo asinado esta mañá entre o reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, e o representante da empresa Zarpamos, Manuel García. A firma coruñesa Zarpamos é unha aceleradora de empresas ... Ler máis »
27/03/13 0 Enlaces -
Remata a liga para IDEFIC cunha derrota en Ferrol por 61-49
O equipo da Facultade finalizou a competición ligueira cun mal resultado, pero con peores consecuencias. Pouco antes de chegar ó descanso, nunha acción fortuita, o xogador de IDEFIC Xabi fracturouse a tibia e o peroné. A ambulancia trasladouno ó hospital con brevidade e será operado o antes posible. Na segunda ... Ler máis »
26/03/13 0 Enlaces