Novas
-
Novas
- Novas destacadas
- Ofertas de Emprego
-
Juniper, Google e Twitter son as empresas que mellor pagan aos seus enxeñeiros
As empresas Juniper (de sistemas de redes), Google e Twitter son as que mellor pagan aos seus informáticos, segundo un ránking elaborado por Business Insider e traducido por MuyComputerPro . Juniper é a empresa "gañadora", xa que os seus enxeñeiros cobran 128.378 dólares, seguida de Google, con 124.520 ... Ler máis »
8/04/13 0 Enlaces -
Campaña de doazón de sangue (2ª fase)
A unidade móbil de doazón de sangue do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) achegarase á Facultade de Informática os días 10 e 11 de abril (mércores e xoves), dentro da segunda fase da campaña que se desenvolve nas tres universidades galegas durante o presente curso académico. O autocar do CTG permanecerá ... Ler máis »
8/04/13 1 Enlace -
Os informáticos son os que menos competencia teñen por un posto de traballo
Os informáticos están entre os profesionais con menos competencia por un posto de traballo, segundo o informe sobre mercado laboral de febreiro de InfoJobs, a bolsa de emprego ‘on line’, do que se fai eco El Periódico Mediterráneo . Durante este período, o coñecido portal rexistrou 58.195 vacantes de empregos. ... Ler máis »
5/04/13 0 Enlaces -
Tese de doutoramento: "Extended Collectives Library For Unified Parallel C"
O venres día 26 de abril de 2013 ás 11:00 horas, D. Carlos Teijeiro Barjas defenderá a tese "Extended Collectives Library For Unified Parallel C" na Aula de Graos Víctor Gulías da Facultade de Informática. Máis información no documento anexo. Ler máis »
4/04/13 1 Enlace -
Luis Hervella elixido decano da FIC
O profesor Luis Mª Hervella Nieto vén de ser elixido pola Xunta da Facultade de Informática como novo decano da Facultade. Máis información no arquivo adxunto. Ler máis »
3/04/13 2 Enlaces -
Tese de doutoramento: "Nonparametric inference for neural synchrony under low firing activity "
O mércores día 24 de abril de 2013 ás 17:30 horas, Dna. Aldana María González Montoto defenderá a tese "Nonparametric inference for neural synchrony under low firing activity" na Aula de Graos Víctor Gulías da Facultade de Informática. Máis información no documento anexo. ... Ler máis »
3/04/13 1 Enlace -
Bernardino Arcay é reelixido director do Departamento de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
O profesor Bernardino Arcay Varela vén de ser proclamado provisionalmente como candidato electo á dirección do Departamento de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións nas eleccións que se celebraron esta mañá. Máis información no documento adxunto. Ler máis »
2/04/13 1 Enlace -
Carlos Escudero é elixido director do Departamento de Electrónica e Sistemas
O Departamento de Electrónica e Sistemas elixiu esta mañá o profesor Carlos Escudero Cascón como novo director do Departamento. A proclamación provisional como candidato electo pode consultarse no arquivo adxunto. Ler máis »
2/04/13 1 Enlace -
Ampliación do prazo de depósito de anteproxectos fin de carreira de Enxeñaría Informática
Amplíase o prazo de depósito de anteproxectos fin de carreira de Enxeñaría Informática ata o venres 12 de abril. A nova ferramenta de xestión de proxectos fin de carreira onde deben rexistrase os anteproxectos estará dispoñible a partir do luns 8 de abril. ... Ler máis »
2/04/13 0 Enlaces -
O reitor asina un convenio para promover o "emprendemento" no sector TIC
Os alumnos da Facultade de Informática poderán facer realidade os seus proxectos de fin de carreira grazas ao acordo asinado esta mañá entre o reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, e o representante da empresa Zarpamos, Manuel García. A firma coruñesa Zarpamos é unha aceleradora de empresas ... Ler máis »
27/03/13 0 Enlaces -
Remata a liga para IDEFIC cunha derrota en Ferrol por 61-49
O equipo da Facultade finalizou a competición ligueira cun mal resultado, pero con peores consecuencias. Pouco antes de chegar ó descanso, nunha acción fortuita, o xogador de IDEFIC Xabi fracturouse a tibia e o peroné. A ambulancia trasladouno ó hospital con brevidade e será operado o antes posible. Na segunda ... Ler máis »
26/03/13 0 Enlaces -
GPUL solicita contribucións para as XII Xornadas Libres
GPUL anuncia a celebración das "XII Xornadas Libres" na Facultade de Informática da Coruña. Ditas xornadas celebraranse do 22/04/2013 ó 26/04/2013 na Facultade de Informática da Universidade da Coruña, sendo a data de finalización de recepción de propostas o 04/04/2013 ás 23:59 horas. Toda a información ... Ler máis »
25/03/13 1 Enlace -
Elección de decano
A Xunta de Facultade, convocada en sesión extraordinaria, elixe o decano da FIC o mércores, 3 de abril de 2013 . Suspéndense as clases desde as 10:30 h ata as 14:30 h. dese día. Ler máis »
22/03/13 1 Enlace -
Tim Berners Lee, galardoado co premio Raíña Isabel de Enxeñaría británico
Tim Berners Lee, creador da web en 1989, gañou este luns o premio Raiña Isabel de Enxeñaría, un galardón fundado polo Goberno británico que busca ser o equivalente nese campo dos Nobel e que se ditamina por primeira vez este ano, informa 20minutos . O xurado anunciou que concedía a distinción a Berners Lee e ao ... Ler máis »
21/03/13 0 Enlaces -
Módulo de iniciativa emprendedora
A Universidade da Coruña tense acollido á oferta do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para a impartición por parte da Escola de Organización Industrial dun módulo de formación para o fomento da iniciativa emprendedora. Trátase dunha actividade gratuíta dirixida exclusivamente ao alumnado ... Ler máis »
21/03/13 1 Enlace -
Debate entre os candidatos a decano
Coa fin de que as súas propostas cheguen mellor a toda a comunidade universitaria, os representantes de estudantes organizan un debate entre Luis Hervella Nieto e Santiago Rodríguez-Yañez, candidatos ao posto de decano da Facultade de Informática da Coruña. Terá lugar hoxe xoves ás 13.00 no Salón de Actos ... Ler máis »
21/03/13 0 Enlaces -
Conferencia: A miña viaxe profesional
Conferencia : A miña viaxe profesional Ponente : D. Manuel Díaz Méndez, Director de Indra Software Labs da Coruña Data e hora : Xoves, 4 de abril de 2013, ás 12:30h na Aula de Graos Víctor Gulías Contido : O obxectivo será trazar a traxectoria profesional dos egresados, non só durante os seus primeiros anos no ... Ler máis »
20/03/13 1 Enlace -
Un experto destaca o potencial do software libre para o desenrolo profesional dos informáticos
O deseñador informático Pablo Recio, licenciado pola Universidade de Cádiz , resaltou esta semana, durante a Quincena da Enxeñaría da citada Universidade, as posibilidades que ofrece o software libre para a carreira profesional dos estudantes de informática. A Quincena remata o xoves 21 de marzo. Durante ... Ler máis »
20/03/13 0 Enlaces -
Eleccións de órganos unipersoais en centros e departamentos: proclamación definitiva de candidaturas
Publicadas as proclamacións definitivas de candidaturas a: * decano * director do Departamento de Electrónica e Sistemas * director do Departamento de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións Pódense consultar nos arquivos adxuntos. Ler máis »
19/03/13 1 Enlace -
Salamanca acolle o 21 de marzo o Congreso RITSI de estudantes de informática
O Palacio de Congresos y Exposiciones de Salamanca acollerá a terceira edición do Congreso Estatal RITSI de estudantes de Enxeñerías en Informática o próximo 21 de marzo. O evento contará coa participación de Micro Focus, como patrocinador Platino; Microsoft, como patrocinador Ouro; e Blackberry, Facebook, ... Ler máis »
15/03/13 1 Enlace