A Hora do Código UDC 2016 é un evento gratuíto organizado o día 17 de decembro pola Universidade da Coruña no marco do evento A Hora do Código que se celebra do 5 ao 11 de decembro en máis de 180 países para achegar a programación de computadoras dunha forma natural, simple, intuitiva e divertida.

Está organizada por Code.org, unha organización pública sen fins de lucro dedicada a promover as Ciencias da Computación en escolas e institutos, cunha especial atención en incrementar o número de mulleres e estudantes de colectivos minoritarios que aprenden a programar.

Para que?

O obxectivo é tratar de aprender conceptos fundamentais de programación, dispoñendo para iso de bloques lóxicos que, amoreándose nunha orde adecuada, poidan realizar unha acción concreta, como mover un personaxe nunha escena ou debuxar unha forma. Está demostrado que a exposición a este tipo de programación visual axuda a sentar as bases para a programación baseada en texto, unha actividade moito máis complexa.

Para quen?

Para nenas/os entre 8 e 14 anos.

Requisitos:

  • Ter entre 8 e 14 anos.
  • Reservar a túa plaza
  • Traer as entradas (no móbil ou impresas)
  • Vir acompañado por un adulto responsable
  • Traer o computador ou a tablet (se non tes prestámosche un)
  • ... e moitas ganas de aprender.

Actividades:

As nenas/os serán distribuídas por idades e niveis en grupos de 10-18. Estarán asistidos por un monitor que dirixirá e orientará as actividades.

Utilizarase o computador ou tablet para acceder á páxina https://studio.code.org/. Nela hai distintos titorais autoexplicativos que ensinan as nocións básicas de programación, adaptadas a todos. Ademais hai desafíos deseñados especialmente para A Hora do Código en code.org. Escenarios como Vaiana, Minecraft, Star Wars, Angry Birds ou Frozen serven para propoñer distintos desafíos que hai que superar para avanzar de nivel igual que nos videoxogos.

Se vos rexistrades (ou fano por vós) en https://studio.code.org/users/sign_up con un nome e contrasinal, poderedes cambiar de actividade e volver a ela en calquera momento, o sistema almacenará os vosos progresos. Tede en conta que é posible que xa estuviérades rexistrados para o evento do 2015.

Ao remate de A Hora do Código todos recibiredes un diploma acreditativo.

17 de decembro de 2016 - Horario

Acreditación

11:30-12:00

  • Entrada Laboratorios
  • Andar 0 e 1

A hora

12:00-13:00

  • Laboratorios
  • Andar 0 e 1

Diplomas

13:00-13:30

  • Salón de Actos
  • Andar 0
  • Facultade de Informática
  • Campus de Elviña s/n
    15071 A Coruña.

  • Teléfono: 881 011 251
  • Correo Electrónico
  • horadocodigoUDC@gmail.com

  • Liñas UDC e 24
  • 43°19'59.9"N 8°24'39.0"W

...podes facer A Hora do Código desde casa conectándote a https://code.org/ e probando algún dos titorias dispoñibles: Minecraft, Star Wars, Frozen, Flappy, ...

Dende o seu comenzo o número de participantes en todo o mundo non parou de crecer.

Xa somos
0

Colaboradores

Preguntas con resposta

É unha actividade totalmente gratuíta, promovida por Code.org, unha organización pública sen ánimo de lucro. O noso propósito é achegar as Ciencias da Computación aos nenos, de maneira que comprendan que detrás de moitas das aplicacións que usamos todos os días—videoxogos, aplicacións móbiles, Internet...—está a disciplina da Programación.

Non é necesario que traias ningún material (só as entradas, lembra!). Temos computadores dispoñibles, pero se queres podes traer o teu portátil ou tablet. Non terás que instalarlle ningún software específico. Terás Internet á tua disposición a través da nosa WIFI.

Aproximadamente 2 horas. Abriremos as portas ás 11:30 h, comezaremos ás 12:00 h e a partires das 13:00 h entregámosvos os diplomas.
Non, en todo momento deberás estar acompañado por un adulto.
Axudan a fomentar as habilidades de resolución de problemas, a lóxica e a creatividade. Ademais permitirán que os profesionais do futuro adquiran coñecementos imprescindibles no século XXI; fundamentais sexa cal for o seu desenvolvemento profesional.

17 Decembro
2016

12:00h

Entrada

Facultade de Informática
UDC

As fotos

A Coruña.- O pasado sábado, 17 de decembro, celebrouse na Facultad de Informática da Universidade da Coruña a segunda edición do evento "A Hora do Código UDC". 80 xóvenes programadores deron os seus primeiros pasos na ciencia da computación nun ambiente distendido e lúdico, axudados por voluntarios de distintos centros da UDC e membros do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).

No marco do evento mundial celebrado na semana do 5 ao 11 de decembro de 2016, nenos e nenas de entre 8 e 14 anos, disfrutaron cos seus pais durante unha hora da arte da programación no seu aspecto máis lúdico e divertido. Co obxectivo en mente de aprender conceptos fundamentais, enfrontáronse a distintos retos en escenarios do mundo da animación ou dos videoxogos como Minecraft, Star Wars, Frozen ou Vaiana. Ao final da intensa xornada matutina, cada un dos participantes recibiu un diploma da fundación Code.org acreditando o su esforzo, diante da atenta ollada dun robot NAO.

Aquí tendes a demostración de que programar é divertido.

Para descargar as fotos marca a casilla seguinte: